Bolsa de emprego do CIFP Leixa
Bolsa de emprego do CIFP Leixa
Punto de encontro de empresas e candidatos/as.
Empresas
Currículums
Empregos atopados
Ofertas activas
Como funciona
Preguntas frecuentes
Nesta bolsa de emprego poden darse de alta Candidatos/as e Empresas:
- Candidatos/as. Estudantes que obtiveran algún título no noso centro en Ciclos formativos de grao superior, medio, FP Básica, ou cursos AFD.
- Empresas. Calquera empresa interesada en contratar estudantes titulados nalgunha das ensinanzas no centro poden solicitar o acceso á bolsa para publicar ofertas de emprego e buscar candidatos.
Só as persoas que obtiveran un título no noso centro poden acceder á bolsa. Para acceder á bolsa de emprego cómpre indicar un documento oficial de identidade (NIF, NIE ou Pasaporte), que coincida co documento co que se realizara a matrícula no centro. Se este documento é correcto enviarase un correo electrónico á conta de correo indicada tamén durante o proceso de matrícula. En caso de non recibir o correo de rexistro, pode ser debido a que algún destes dous datos non sexa correcto, polo que habería que contactar co centro a través da páxina de contacto Contacto.
Por suposto, da igual o tamaño da empresa ou que só teña previsto contratar a un estudante, calquera empresa pode darse de alta e beneficiarse das posibilidades da bolsa de emprego para o proceso de selección.